Términos e condicións de uso

Esta aplicación serve para facer pedidos de produto fresco ecolóxico (panadería, froita, verdura, lácteos, ovos…)

Os venres se subirán os produtos dispoñibles para a seguinte semana. A partires dese momento, pódense facer os pedidos.

No caso de cestas con froita e verdura e para garantir o servizo, pódense facer pedidos ata as 12 da noite do domingo.

Os lácteos, panadería e ovos pódensen pedir con 1 día de antelación.

O día de recollida será os martes en horario de 10:30 a 14:00h e de 16:30h a 20:30h.

O reparto a domicilio realízarase os martes a mediodía. Será de balde para pedidos superiores a 20€. En pedidos inferiores, terá un custo adicional de 3€.

Facer o pedido a través da web supón un 5% de desconto nos prezos en tenda.

O pagamento realizarase ao contado ou mediante tarxeta no momento da recollida da cesta.

Poderánse facer pagos por tansferencia bancaria.

A aplicación permite facer pedidos de outros produtos non perecederos (envasados, graneis,..) simplemente indicando no espazo de observacións a cantidade e o produto que se desexa. Estes produtos non se lle aplicará o desconto.